Foto: Iago Rodríguez Vázquez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1017
Clasificación Genérica Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Teniers, David [David Teniers II, o Xove (1610-1690)]
Título Paisaxe con cazadores e peregrinos
Materia/Soporte Madeira
Pintura ao óleo
Técnica Óleo sobre táboa
Dimensiones Marco: Ancho máximo = 46 cm; Alto máx = 39 cm; Profundidade = 5,50 cm
Táboa: Profundidade = 0,80 cm; Altura = 20 cm; Longo = 26 cm
Descripción A táboa recrea un episodio anecdótico como é o encontro entre uns cazadores e unha parella de peregrinos, producindo unha agradable simbiose entre o home nunha acción cotiá e banal coa natureza, consonte os criterios xerais da pintura flamenga do XVII na que a paisaxe cobra un papel preponderante, pasando a narración principal a ser un "complemento" daquela, executando así as figuras a un tamaño reducido e a veces incluso ocultas pola fragosidade. Nun primeiro plano represéntase un grupo de catro cazadores agrupados, ataviados para a ocasión e provistos das correspondentes armas de fogo. Un peregrino entabla conversación con eles mentres unha peregrina parece agardar, co paternóster na man a que o seu compañeiro reciba as indicacións que o grupo lle está a dar. Un quinto cazador sitúase na parte esquerda da escena de costas, en actitude de facer as súas necesidades fisiolóxicas. Na parte dereita do espectador aparece un can expectante. No que respecta aos peregrinos, aparecen coa indumentaria característica, humilde, pero provista de insignias características da peregrinación xacobea. El represéntase con polainas e calzas, túnica curta ou blusón de mangas longas atado á cintura cunha cabaza colgando, esclavina con vieiras na fronte e colo branco, cabeza descuberta con cabelo escaso e branco e barba mediana; a man esquerda terma dun bordón longo de dobre pomo e gancho, mentres que da man dereita colga o sombreiro que posiblemente quitase como sinal de respecto. Pola súa banda a muller que o acompaña aparece igualmente calzada, vestindo un saial longo que deixa ver os nocellos, blusón ou camisa de mangas longas que ata á cintura de onde parece colgar unha escarcela. Cubre a cabeza cun sombreiro de aba ancha. Coas dúas mans terma do bordón de idénticas características que o anterior e un rosario colga tamén das súas mans. O fondo do cadro divídese en dúas partes diferenciadas, a da esquerda, que ocuparía uns dous tercios, representa unha fraga mesta na que as árbores se executan seguindo o gusto tan en moda entre os pintores flamengos, cunha técnica e cun detallismo esmerados. A parte da dereita do espectador mostra un santuario -de estilo gótico moi ao gusto dos países nórdicos- que se ergue nunha chaira dominada polo prado e o bosque. Nesta parte do cadro pódese apreciar o tratamento do ceo e a diferencia que se marca no estudo da luz que incide na arboreda e nas figuras que proxectan a súa sombra no chan. Unhas tonalidades terrosas, ocres, verdes e grises que harmonizan cromaticamente, dotan o conxunto dunha especial calidez.
Iconografia Peregrino; Paisaxe; Cazador
Datación 1650-1690 (Segunda metade S. XVII)
Lugar de Producción/Ceca Bruselas (Brussels) (Bruselas (rexión), Bélxica)
Uso/función Decorativo
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Loci Jacobi. Lugares de Santiago . Centro Cultural da Deputación Provincial de Ourense, do 24 de novembro de 2010 ao 9 de xaneiro de 2011. Loci Iacobi. Lugares de Santiago . Museo de Arte Sacra de Grândola (Portugal), do 5 de febreiro de 2011 ao 21 de marzo de 2011. Loci Iacobi Lugares de Santiago . Hôtel-Dieu, Le Puy-en-Velay (Francia), do 31 de marzo de 2011 ao 31 de maio de 2011.
Clasificación Razonada A recreación de escenas da vida popular e cotiá foi retomada, na pintura flamenga, por David Teniers I (1582-1649), pai de David Teniers II (o Xove) que tamén experimentou coa disposición de personaxes en interiores, en espazos públicos ou no medio da natureza, servíndose maioritariamente de personaxes de pequeno tamaño que se ven sometidos á grandiosidade da contorna. Estas e outras características tamén se reflicten na obra de David Teniers II, xunto co uso de pequenos formatos. A influencia de Jan Brueghel, o seu sogro, e doutros pintores que traballan en Anveres e en Bruxelas, é patente, chegando a se converter nun afamado e prolífico pintor de escenas de xénero, para as que había un gran mercado nos Países Baixos.
Na Dulwich Picture Gallery de Londres consérvanse estudos previos do autor para a realización dos personaxes que aparecen neste cadro.
Bibliografía DOMÍNGUEZ PALLAS, Désirée. Paisagem com Caçadores e Peregrinos. David Teniers II. Loci Jacobi= Lieux de Saint Jacques= Lugares de Santiago [exposição], José António Falcão (dir.). Beja: Departamento do Património Histórico e Artístico da Diocese de Beja, D.L. 2011. pp. 34-35.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 13/01/2010
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |

Foto: Iago Rodríguez Vázquez

 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6